Currovello. Valores Naturais
barra Mapas temáticos Localización xeográfica. Google Earth
barra Descrición xeral
barra ----- -----
barra Ridimoas Proxecto Ríos Fragas do Mandeo A Eira de Xeoana Asociación Galega de Custodia do Territorio Plataforma de Custodia do Territorio Foro de Entidades de Custodia do Territorio
barra verdeval.asociacion@gmail.com
barra
barra

Mantemento da biodiversidade.

A charca a pesares do seu estado de colmatación actual é hábitat de numerosas especies de anfibios, algunha delas catalogadas como necesarias de protección, e todas elas co destrución e alteración dos hábitats acuáticos como factor xenérico que ameaza seu status.

Protección de especies

  1. Presencia confirmada do Pintafontes verde (Triturus marmoratus, Latteille 1800) especie incluída no Anexo V (Especies animais e vexetais de interese comunitario que requiren dunha protección estrita) da Lei 42/2007, de 13 de decembro do Patrimonio Natural e da Biodiversidade.
  2. Presencia non confirmada da Estroza ou Rela común (Hyla arborea, Linnaeus 1758) e da Ra patilarga (Rana iberica, Boulanger 1879) ámbalas dúas incluídas no Anexo V (Especies animais e vexetais de interese comunitario que requiren dunha protección estrita) da Lei 42/2007, de 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade. A Ra patilarga é un endemismo da península ibérica.
  3. Outra fauna anfibia presente na charca:
    1. Pintafontes: Pintafontes común (Triturus boscai, Lataste 1879) e Pintafontes palmeado (Triturus helveticus, Razoumowskt 1785)
    2. Ras e Sapos: Ra verde (Rana perezi, Seoane, 1885) (c) Sapos: Sapiño pintoxo (Discoglosus galganoi, Capula, Nascetti, Lanza, Bulli & Crespo 1985), Sapo común (Bufo bufo, Linnaeus 1758). O Sapiño pintoxo é un endemismo da península ibérica (d) Píntega, Salamandra salamandra (Linnaeus, 1758)

Valores didácticos

  1. Recuperación de espazos degradados
  2. A charca coa súa poboación de anfibios
  3. As especies arbóreas exóticas plantadas ao longo dos últimos anos unha vez debidamente catalogadas e sinalizadas conformarán no futuro un pequeno xardín botánico.
barra