Chan da Mamonda
logo
barra
barra
barra
barra  
barra v
portada
 
 
 

Ubicación: Lugas de As Rasas. Couso. Gondomar
Propietarios: Comunidade de Montes en Man Común de Couso
Como chegar: Lugar de As Raas. Couso, Gondomar

A parcela do chan da Mamonda é un antigo vertedoiro de materiais de construción e demolición, onde se verteu aproximadamente desde o ano 2004 ata o ano 2010.

Polo que se pode observar por fotos aéreas e por inspección sobre o terreo, o vertido non afecta a toda a superficie da parcela, senón que está localizado nas zonas norte, sur e leste da parcela.

O tipo de material vertido non se coñece a non ser polo observado sobre o terreo mediante catas ou restos visualizados en superficie. Os restos visualizados son formigón, aglomerado, azulexos, ladrillos, restos plásticos… Tampouco se coñece a cantidade vertida nin o espesor das camadas.

No ano 2010 procédese ao acondicionamento do entullo e ao tapado do mesmo con xabre e terra. Tamén se executa unha plantación de castiñeiros a marco de 5x4m para produción de madeira.

Na actualidade a parcela está ocupada en aproximadamente dous tercios por unha plantación de monocultivo de castiñeiro para a produción de madeira, de aproximadamente cinco anos de antigüidade, cunha alta porcentaxe de marras que non foron repostas. O outro terzo está sen repoboar. A vexetación baixa está desbrozada, labor que se fai periodicamente.