barra
ct 01

ct 02
barra


Verdeval nace como entidade de Custodia do Territorio o 30 de Xaneiro de 2015, día no que se asina a súa Acta fundacional, se ben a idea da Custodia do Territorio ten orixe no outono de 2011 cando xurde a posibilidade de compra dunha parcela de monte situada na Serra do Galiñeiro.

Ante esta posibilidade os compoñentes do grupo A Groba abren un proceso de participación que no xuño de 2014 remata en rotundo fracaso, se ben un grupo de persoas que neste camiño fumos coñecéndonos decidimos reorientar a nosa visión da Custodia, non na propiedade tal e como deramos comezo á nosa andaina, se non á xestión do territorio.

Con este novo enfoque xurde Verdeval no 2015, e xa desde un primeiro momento orientámonos ás Comunidades de Montes Veciñais en Man Común do Val Miñor, a chegar acordos con elas para a cesión de parcelas nas que por en práctica a custodia do territorio. Froito destas conversacións, son os acordos para a inclusión de diferentes parcelas de monte comunal en actividades de custodia do territorio.asinados con e a , ámbalas dúas en Gondomar, para a xestión dos dos lugares coñecidos como o Currovello, o Lombo do Roxas, as Chedas e o Chan da Mamonda.

barra