logo

Somos un grupo heteroxéneo de persoas desde sempre preocupadas pola defensa do medio e patrimonio natural que hoxe queremos manifestar ese compromiso mediante una acción distinta ás que temos realizado.

Desde hai xa décadas a Administración é a responsábel da conservación dos valores naturais e paisaxísticos, principalmente mediante a declaración de espazos naturais protexidos e ata agora noso noso papel ten sido reivindicativo, demandando e esixindo esas actuacións ás administracións correspondentes.

Hoxe pensamos e somos máis conscientes de que esta tarefa non debe estar limitada aos recursos públicos nin aos limites dos parques naturais ou reservas. É necesaria a implicación da sociedade, de nos mesmo como cidadans, para complementar e obrigar aos recursos públicos, para abranguer todo o territorio mais aló dos espazos protexidos e para responsabilizar á sociedade na conservación do noso patrimonio natural, que é o substrato no que se asenta e conforma a nosa identidade cultural.